jueves, 20 de diciembre de 2012

miércoles, 5 de diciembre de 2012

A nosa experiencia na Fraga do Eume:





NO OBRADOIRO DE LINGUA CONSTRUÍMOS ENTRE TODOS E TODAS ESTE TEXTO SEGUINDO A TÉCNICA DA PEDRA NO ESTANQUE. NON É A VOSA 1ª OBRA, XA FIXEMOS CADEAS DE PALABRAS, CONTOS FANTÁSTICOS EN GRUPO- MESA, XOGOS DE NOMES,...
NORABOA E MOITO ÁNIMO 5ºB !



"Hai uns días todos nos fomos de excursión á Fraga do Eume.(Mari)Ao chegarem vimos un video das árbores e dos animais das fragas.(Jesús)Logo, cun monitor, observamos a riqueza do bosque.(Carolina).
            Non chegamos a ver bufos mais atopamos cogomelos( Daniel) e moitas plantas mentres explorabamos a natureza.(Marcos) Cruzamos a ponte e vimos o río que ía con moita forza polo canón( José Manuel e  Noelia).No Eume non hai moitos reos mais, ás veces, volta algún  grande. (A. Correa)Faláronnos das troitas que son reos que non foron ao mar.( Sofía)Estes peixes son semellantes, diferéncianse polos puntos do lombo.(Jeray)

            Ao remate, nos carteis informativos vimos as pegadas dos xabarils,dos esquíos, e doutros animais información sobre as aves ( Marta e Miguel)No cartel dos fungos falaba dos cogomelos velenosos e dos  comestibles.(Yashmina).No dos castiñeiros aprendemos a almacenaxe das castañas en corripas e o seu uso na antigüidade.( A. Cobelo)

            Desta viaxe temos moitas lembranzas: A parva de media mañá á beira do camiño estreito(J.R e Manuel), a grandeza do río(Anthony),  as pequenas fervenzas (Nuria),as pontes, (Ana) a fauna das fragas( Celtia), as árbores (José),...

            Foi impresionante, pasámolo xenial! (Roi)"

Para saber máis sobre Galileo...